Monday, January 12, 2009

seis de cada dez estatísticos fan media ducia polo menos(3)


O primeiro aviso déuno o inxeñeiro de mantemento que, (vello zorro ó que lle gustaba dar anque solo fora un cheiriño en todo o que se cocía),vendo "por casualidá" os informes,chamóulle a atencion que só se esprementaran 10.000 das 10E30 configuracions posibles: ¡1/10E26 do total!, e así llo comentóu ó matemático.Íste,mirando ó ceo cos ollos en blanco en petición de paciencia perante tamaña demostración de inguiñorancia,esplicóulle ó vellote que, estas 10.000,aseguraban un tratamento fiable pro 999/1000 da poboación cunha probabilidá do 0'999955.Esto último xa acabóu de pasmar ó vello,que,dando a causa por perdida (non era un home moito de discutir),optóu por calalo bico,que estaban sendo as tres e xa tiña unha fame nejra.
Aida houbo outro mitebullas que,(tamen lle justaba metelo naris en todo) ouservando o plan de esperiencias do estudio,puxo de manifesto que na mostra non figuraba ningunha abuela obesa orixinaria do Tadjikistan.Había,sí,abuelas,abuelas obesas,tadjikistaníes, incluso algunha abuela obesa e aljún tadjikistaní abuelo.Pero de abuela,tadjikistaní e obesa ó mismo tempo...tsk,tsk...Bueno, pois a iste rompejuevos taén hóubo que lle revelalo segredo do 0'999955....
Bon.Arrancaron.Todo iba de maravilla (esceptuando aljún deceso esporádico de ricos jordos e empresarios estresados).A cousa foi tan ben que chejaron incluso a distribuir en Jroenlandia.
Ah!...catastrofe...Un por un , morren catro Inuits sejidos despois de inxerilo hipotensor.Escándalo internacional,artículos incendiarios nas revistas de ciencia...
Que un cento de executivos (despois de todo urbanitas,farristas e noctívagos) morran tralo tratamento,pase.Pero que un Inuit,que vive en comunión direta coa natureza,poidese morrer pola misma causa,resultaba inadmisipla.Haber hóubo, incluso, quen lle atribuía ó suceso claros tintes neocolonialistas.
Pero... ¿Qué fora o que pasara en realidá?...