Wednesday, March 20, 2013

Mar proceloso

Como é ben sabido,eu viaxo moito á Corea (do sur).Últimamente aljo máis a menudo ca de costumbre.Ainda pouco tempo había que estuveramos alá co jallo de intentar sabotealo “experimento” do Quim Un Kollon (que por certo,saíunos “rejular”),cando tivemos que voltar a semana pasada pra supervisar un tramo dunha ruta de suministro de armas a *****.Bueno pois,o día antes de vir de volta,lendo o Hankooki Daily,atópome cunha noticia,(un pequeno parágrafo aló nunha esquina da páxina),que dí (tradución directa do Coreano do Almokreve,pra quen é,xunto con outros sete idiomas, unha fala habitual):

Corea do Norte: tres “delfins Soldado” desertan
Tres jrandes delfins ó servicio (sic) da marina norcoreana,déronse á fuja no mes de Febreiro , durante unhas maniobras preto de Baengnyeon-do.O oficial da sección de loita submarina antisubversiva,Pak Thae-Rim,declaróu que posiblemente foran inducidos a abandonalo seu posto por unha femia salvaxe da sua especie que se atopara en celo.
Pois ben,coma sempre,o xornal non minte,pero non dí toda a verdá.Casualmente acabábanme de contar a min o conto tal e como fora en realidade.A verdá é que dalí a poucos minutos de que o GPS dos reclutas empezara a emitir sináis erráticas e totalmente atípicas,saíu en precura deles unha orca asesina de panza blanca (un eficacísimo oficial con máis de dez anos de servicio na zona) que os acorralóu en menos de duas horas.E a tal delfina non era unha femia salvaxe,non: era nin máis nin menos ca Delfinata Jari, a millor axente do servicio surcoreano de loita submarina (SKSCS).O asunto é que os desertores xa foron condenados a 30 anos de acrobacias nun parque acuático.No que se refire á laberca da Delfinata,estan en tratos pra intercambiala por un rodaballo e dúas merluzas que xa levan presos en Seúl desde o ano 2005.
Esí que xa ves...

Wednesday, March 06, 2013

a limpeza Dio-la amóu...

arte moderno
...dicía a señora Enriqueta mentras cunha máu rascaba o cú, e coa outra sacaba un lixo do pote do caldo e probaba de sal (cun dedo).

dejavu


É curioso como o contido diste artigo, publicado hay 44 anos no Canard Liberé e firmado  por Therese Blanchettin,podería sevir tranquilamente prá columna do Domingo no Faro de Vijo de uxe mismo.(tradución xurada de jújeltraslator Almokreve).Ven a decir Mme.Blanchettin:

Fai xá milenios que a humanidade,periodicamente,trata de encontrar altrernativas ó orden social establecido,en resposta a perennes motivos de disentimento,tales coma a xerarquía mal desenrolada,os privilexios,a desconfianza que inspira certo tipo de burocracia,o rexeitamento de certas actitudes “hedonistas” ou unha suposta esclavitude do consumo.En ocasions,estas alternativas resultaron ser aljo máis ca esquemas utópicos de individuos asociales ou antisociales,senon que daban representación á búsqueda por parte da humanidade de formas de vida que verdadeiramente se axusten ás necesidades fundatales da persona.Por exemplo: durante as últimas décadas,ten imperado unha corriente que nos incita a pensar que o progreso consiste unicamente en introducir na nosa vida todo aquilo que somos capaces de producir,ainda que sexa unha merda (producto do que ainda así últimemente hay excentes).Esta clae de progreso,a a parte de esixir pouca imaxinación,pode dar como resultado,no millor dos casos un retorno a Idade Media.Por fortuna,a mesma sinrazón de certas tendencias,adoita xerar forzas en sentido contrario.
Máis alá de certos límites de complexidade,as sociedades vólvense cada vez másis vulnerables ós acidentes e ó sabotaxe.Outros factores de autolimitación á empresa tecnolóxica,son a progresiva escaseza de recursos naturáis e as diversas formas de contaminación ambiental,respecto ás que o público ten cada vez maior conaciencia e menor tolerancia.A civilización tecnolóxica elevóu o  nivel de vida de moita xente,pero,paradóxicamegtne,ó mismo tempo,reducíu a calidade desa existencia en móitos lujares.A pesares do trunfo da tecnoloxía científica,o mundo moderno séjese a identificar coas artes plásticas e coa poesía,por exemplo.Moita xente prescindiría máis fácilmente de certos trevellos ultramodernos ca da música ou a literatura.A satisfación das suas necesidades psíquicas e intelectuáis máis profundas adoita depender máis dun pincel e dun cavalete ou un bó libro ca dun esmarfon ou unha tableta.A mingua na calidade de vida producida polo incremento descontrolado do poderío económico dá lugar a contraculturas e movimentos sociáis que, probablemente,son expresión dunha sabiduría social profunda,casi que subconsciente,xeradora de reacions protectoras contra tendencias humanicidas.
En todolos períodos da historia,as conatraculturas pareceron irracionales,a lo menos nas suas menifestacions esteriores.Pero,polo xeral, foron motivadas por unha racionalidade máis alta cá do orden institucional.O que espresan non é un disentimento `político ordinario,senon máis ben unha certa revolución do pensamento.Representan un examen de conaciencia na precura de valores que ,de toda a vida,lle tiñan dado consistencia,impulso,valor á vida humana:a liberdade,a seguridade,a natureza,a intimidade,a beleza,a bondade,a amizade,a egalité,a fraternité,o marrón glacé e mailo licor café.Sin ir máis lonxe,o trunfo da Revolución Francesa debéuse en jran parte a que a noblesa e mailo clero perderan a sua fé no ancien régime.Do mismo modo,nas contraculturas doxendía,debemos conasiderar tan importantes todas estas movidas por parte de rapaces e non tan rapaces ás que estamos aistindo,coma ó sentimento que está cundindo no propio establishment,de que chegóu o momento de por en tela de xuicio a racionalidade do crecimento ilimitado,de formular unha nova política que implique non só unha distribución máis equitativa da riqueza,conaservación dos recursos naturáis non renovables e protección do medio, senon ademáis,asociar íntima e ineludiblemente á ciencia cos valoeres eternos e intanxibles da humanidade.
                                                                                                              
                                                                                                                           T.B