Monday, December 22, 2014

Bendita inocencia

O outro dìa (creo que era miercoles) no programa que ten o Carlos Herrera (Herrerita chico.Mataor) en Onda Cero, co gallo do anuncio nos media do suposto crash ruso o Charli entrevistaba a unha señora rusa
que levaba 37 anos en españa.Nun momento dado da conversa dèuse iste diàlojo:

C.H--¿ y usted como lo ve,señora?.¿Tiene vd informaciòn de lo que està aconteciendo en Rusia?
SRA--Sì señor;tengo informaciòn, y tambien veo la tele...

:DDD

Tuesday, December 09, 2014

Monday, October 27, 2014

eso mismo

Lástima que me perdin esta.Debéu estar de puta madre.

jumm...

Ajora vái iste home e despídese chiscando o ollo e mandando calar.Un evidente mensaxe en  clave pro stoklov.Estamos perdidiños.Eu dde momeno vóume dedicar a pinar a destajo;é o que levamos de máis.

Tuesday, October 21, 2014

makekazo

Primeiro,no mes de Marzo,dicìa iste tipo:













Ajora,iste fulano "say's" (por certo,¿será parente do "noso" Bukowski?.Nise caso comprenderíase todo:ainda porriba,vodka.Mare meua):

Monday, September 29, 2014

autoplaxio



Co gallo do comenzo de curso,e máis pra celebrar que  a R.A.G da lingua concedéume o premio 2014 á Heterodosia Ortojráfica Máis Recalcitrante (medalla HOMR) , vou facer un alarde de ousadía  e alevosamente vóume plaxiar a min mesmo.Ahí vái eso.


No Faro que nos jía do Domingo pasado,ven unha esntrevista con José Antonio Marina encabezada coa sijiente frase: “A riqueza dunha nación é o talento dos seus habitantes”.Quedéi de pedra,porque é casi un calco doutra que eu xa tiña escrito desde o Sábado pra iste post de uxe,que dí esí: “A riqueza dunha nación consiste ,máis ca en ningunha outra cousa,no número individuos superiores que posee”.É unha expresión do filósofo William James citada polo profesor de pedagoxía da USP (universidade de Sao Paulo) Hervert Dacoreggio.Vas ver…innnnggreible.
Eu sentía unha especie de comezón cada vez que me dispuña a enxuiciar as reformas educativas emprendidas polo Wert.Un sí pero non…intuía que o seu discurso reformista adolecía de aljúns conceptos, pero non lles daba dado forma no meu carrolo...ata que fun dar de bruces coa resposta….¡¡no Brasil!!

Coma todolos anos fun pasala noite vella na praia de Copacabana,no Rio (un ambientazo que non decepciona nunca).ocaso é que,de paso,aproveitéi para lle facer unha visita a o seu Juscelino enSampa,falar das nosas cousas,tomar umas i coisa i tal.O día de me vir pracá,xa no aeroporto,púxenme a darlle un vistazo á Folha,e atopéime cun artículo-ensaio do tal Dacoreggio no que milajrosamente se expuñan todos e cada un dos enunciados que habían de disipala miña terrible angustia Wertiana.Iste é un resumen.Os párrafos en nejrita son os que complementarían a tesis do Wert.
                                        --------------------------------------------
….oxendía podemos ouservar no mundo diversas sociedades en diferentes etapas de desenrolo,desde a máis primitiva á máis adiantada,e faise evidente que cada paso de cara a esta última implica unha maoir esixencia de xente con talento e preparación.Nas condicions de vida da actual etapa da humanidade,a comunidade que non exalte o desenrolo da intelixencia,está condenada ó fracaso.
O medio máis eficaz de descubrir o talento é o sistema de ensino.A escola non só educa ós rapaces,senon que os selecciona; e ise proceso de selección vaise tornando máis duro para todos a medida que a educación vai cumplindo con máis eficacia a sua tarefa de destacar ós alumnos máis aptos.As escolas e mailas  universidades abren unha oportunidade a os que son intelixentes; por eso mismo,constituen un campo en que os mozos menos capaces descubren con amarjura a suas propias limitacións.
Por outra parte, a  complexa sociedade técnica de oxendía non pode serdirixida unicamente por unha minoría con boa preparación.Require o desenrolo máximo das posibilidades individuales nos distintos grados ded aptitude; e seriamos parvos de remate se foramos permitir que a ansia por destacar a os máis notables nos fixera despreciar a calquera outros.
            A educacióln superior é só un instrumento que sirve para lle impartir un determinado tipo de coñecementos a aquelas personas que estan especialmente capacitadas para asimilalos.Pero a universidade non debe ser considerada como a chave única da felicidade,da autoestima e da confianza en sí mismo.A dignidade humana só pode ter por base cualidades mentales e espirituales que son asequibles a todo ser  humano.O mérito dunha persoa debe ser reconocido fundándose en imperativos morales e todo o mundo ten  direito a ise reconocimento.Sin embargo,unha carreira universitaria esixe unhas facultades mentales que non ten calquera.Non podemos aspirar todos a un título superior da misma maneira que non podemos todos aspirar a facelos cen metros lisos en…11’5 segundos (J).Hay que,en primeiro lujar,promover a ijualdá de oportunidades pra todos,pero,ademáis, que todos sexan respetados por ijual,por que, se damos por sentado que solamente os licenciados superiores son merecedores de estima e que toda  dignindade humana ten coma cuna a universidade,non nos podemos estrañar de que toda persona se sinta con direito a ser arrulado nela.
Non caibe duda que todo aquil que acabe o instituto deberá ter direito a seguir a
Continuala sua formación dalgunha maneira;pero se falta aptitude pró estudio,o ingreso na unuversidade non faerá outra cousa ca prolongar unha situación na que leva todalas de perder.Hay moito rapaz de escasas capaidades académicas que pasóu sin pena nin jloria por unha escola que non foi quen de despertarlle a sua vocación,expúxoo a continuos fracasos,e despois lanzóuno ó mundo sin máis preparación que a indispensable pra traballos de escasa ou nula especialización.Esta n on é unha maneira sensata de administrar os recursos humanos.Sería máis prudente prestar máis atención ás diferencias individuales en canto a vocación e aptitudes,ós infinitos modos en que pode convertirse en realidade a realización plena da persona.
Ajora vamos á parte dura do asunto.Unha vez asejurada a ijualdade de oportunidades e fornecidos os medios que jaranticen que todo o mundo pode desplejar a suas capacidades i a súa vocación ó máximo, sería xusto esperar que cada estudante se esforzase por sobresalir na medida en que estexa ó seu alcance.Todos estmos dacordo en que a voluntá de superación é un ingrediente fundamental da conducta.Sin esta motivación,sin o desexo permanente de mellorar ,sin a constancia e maila perseverancia, a intelixencia resulta inerte,dalgún xeito.Home,sempre hay aljén que lle sonrí a fortuna,un jolpe de suerte e tal,pero poucos alcanzan a excelencia de maneira fortuita.Toda superación implica discipina e voluntá.Calquera profesor sabe das diferencias entre os estudiantes aplicados e os apáticos.Aquil que ten interés por aprender non hay quen o pare;colabora totalmente co profesor;provoca situacións nas que poida aprender aljo;adquire instrucción,na forma máis activa do verbo.O estudiante apático,se algo chegara a influir nil o seu paso pola escola,limítase a recibir educación.O profesor tenlle que achairar máis da mitá do camiño,cerrándolle toda escapatoria e mismo armándolle trampas para consejir que aprenda aljo.
Cando o número de estudiantes apáticos aumenta de maneira espetacular,aljo haberá que facer,porque,se o ensino se orienta escesivamente cara os rapaces de ambicions escasas,córrese o perigo de perdelo arte de encauzar ós estudianrtes con auténticas aspiracións.(Ás veces dá a impresión que iste último párrafo é o único que dirixe toda a doutrina wertiana).
Poderíase aducir que esto carece de importandcia,dado que,os individuos afanosos darán os pasos precisos pra alcanzar o seu fín,mentras que os apáticos non se molestarán en facelo.Sin embargo non debemos esquecer que o grado de empeño que unha persona ten nun momento dado,depende en gran medida do que de ela se espera.Cada  ocasión,cada crisis pon de manifesto en alguns individuios recursos de enerxía insospeitados e unha gran motivación.A magnitude da fazaña individual dependerá en certa medida da capacidade dunha sociedade ou institución para suscitala.Se se perde esto,pérdese un baseamento fundamental.
Resumindo,deberíanse crear condicions que estimulasen á rapaciada.De vez en cando deben afrontar certa clase de dificuotades de modo que teñan que loitar pra superalas e aprender esí o que vale un ánimo decidido,perseverantee e firme.Cando o que se quere é levar ós primeiros postos dunha profesión ou dunha sociedade, á xente máis cualificada para exercer ise liderato,o millor é establecer procedimentos rigurosos de selección dos máis capaces,con métodos estrictos de preparación.Esta rigurosidade non trata únicamente de lle cortalo paso ós menos aptos,senon tamén ós de menos empuxe.Os que pasen a criba serán non só os superiores en capacidade,senon tamén en carácter.
Está comprobado que hay maneiras de “escoller” ós millores,e que únicamente a sociedade que procede diste xeito pode manteñela sua posición no mundo en que vivimos.Pero tamén está demostrado que a sociedade de oxendía non pode engrandecerse a menos que todolos seus integrantes,sexan cales foran os seus grados de capacide,reconozan a necesidá de milloralas suas normas de traballo e se esforcen por superarse dentro dos limites das posibilidades de cada un.Un edificio pode cair por incompetencia do arquitecto,por un fallo no control de calidade do formigón, ou por culpa dun encofrador que fixo mal o seu traballo.Precisamos (precisabámos J) escelentes arquitectos e escelentes encofradores.Escelentes Jovernantes e escelentes maestros de primaria.
Se aceptamos,coma unha auténtica responsabilidade educativa,a necesidade de que cada alumno desenrole ó másimo as suas facultades,as escolas e mailas universidades convertiránse nos centros motores dunha sociedade en constante superación.Daquela terán que afrontar unha tarefa inmensa: a de preparalo estudante para un proceso constante ded aprendizaxe,pra unha continua reevaluación das ideas.Non poderarn despachalas suas responsabilidades co inveterado espediente de atiborrar de ciencia ós alumnos coma quen enche chourizos,nin xiquera co método,se cadra máis aceptable, de amaestralos coma ás focas en sejún que habilidades.Incumbirále ás escolas e universidades a oblijación sajrada de infundir nos estudantes actitudes que tendan ó saber,ó projreso,á orixinalidade.As persoas que tenden á exaltación da calidade,que buscan a excelencia en todolos ámbitos,son as que lojraron a profundidade religiosa,filosófica,os que crearon as obras maestras do arte,os que descubriron os scretos do universo é da física e fixaron as regras de conduta que fan que a “ignidade humana” non sexa unha espresión oca.


Sunday, September 14, 2014

pedanteanding

Pero é que non podo resistir facer esta ouservación: Atensión prejunta: ¿Cal dos contos de Raymond Carver se parece máis a un cuadro  de Edward Hopper (òu viceberza)??.
È que è empezar a ler, i a min xa se me pon ipso facto na testa aljo paresido a esto

Ou a esto



.É innnngreible.Vou ver,pero ijual me dá tempo a faser unha tesina deiquí ás onse.


Monday, September 01, 2014

Monday, August 11, 2014

bicharraco

Se pesando unicamente 129 grs. jasta iste jetoncio,imos ver quen é o que ten cojones de lle botar a mau pro pasar pola pedra prá "festa" do polo á brasa,cando pese eí uns catro kilos e pico.Eu nin de coña.Unicamente con esto,e a non menos de 60 mts...

Monday, July 28, 2014

Brasuca



Fái unhas semanas,e con ocasión da celebración dos mundiales de fuchibol, fun invitado polo joverno da Dilminha,na miña condición de experto (entre outras cousas) en Control de Ajlomeracións,a dar unhas “charlas” a aljúns oficiales do BOPE.Coma sempre que a ocasión o permite,aprovéito pra pasar o máximo tempo posible co “seu” Jusce,tomar “umas frias” e remexer na sua extraordinaria coleción de documentos non desclasificados (xa teño dito que,de onde os saca,non teño nin a menor idea.Nin il mo dí nin eu lle prejunto).

Pois ben: veleí a única foto que existe distes dous tipos en acción.Foron creados nunha operación supersecreta de inxeniería xenética destinada a surtir de “especialistas” ó servicio secreto,moi necesitado por aquil entón.A foto foi tomada nun dos primeiros exercicios (unha especie de  “estado beta” no que se  asignan misións de risco pràticamente cero ,recoñecemento amijo/enemijo,etc)) a que foron sometidos.Bueno,a anécdota é que,cando os “creadores” se quixeron dar conta,saltaba á vista que eran unha copia tan exacta un do outro,que cantaba un juevo, polo que decidiron paralo projrama de momento.

Distes dóus nunca máis se soupo...

Xá no último dia que estuven alá,cando o seu Jusce me traía ó aeroporto,polo camiño atopamos esta curiosa escena.

         -EU:Oi seu, Cando hai fame non hai pan duro.

         -JUSCE: Víu,só precisa PAU duro.

                                             

                                                   :DD

Monday, July 07, 2014

Monday, June 30, 2014

Eu,cando sea jrande...

 ...quero sair de marcha cos tipos que fan iste projrama,pero sería imprescindible que non faltase o tipo que pon os subtítulos.Debe de ser un fulano francamente acojonante.Onte subtitulaba unha entrevista cun paisano nun bar de Santiajo :"forma parte do mobiliario do (bar tal) jajjajj...é tremendo.

Apedeite: Por certo, o que xa sería o máximo é. ehí polas catro da mañan,dob lar unha esquina e atoparse de frente con Arturo Valls e Chiquito de la Calzada amarrados de janchete e cantando Asdurias badria guerida.

Monday, June 23, 2014

Thursday, June 05, 2014

Saturday, May 31, 2014

Monday, May 26, 2014

Saturday, May 17, 2014

políjlota

O outro día estuven en Londres visitando ó fillo máis novo que está aló de abojado (Smith,Morgan & Fernández).Iba eu esimismado (¿enmimismado?) cavilando sobre a peluda cuestión de que será pior:
ser un pai PUTAtivo,ser un filloPUTAtivo ou ser unha naiPUTAtiva.O caso é que mentras iba paseando e matinando no asunto atópome primeiro cun cartel con esta imaxe
e desejido con esta outra
Jasús canta putería mimá

a cousa millora


Tuesday, May 06, 2014

será broma

Fai escasamente un par de horas estaba esperando o metro en astor martin (¿anton Martin?) e,de casualidá, escoitaba a conversación duns adolescentes.Estaban falando duns examenes de "mates" e, un díles,interrojaba ansiosamente ós outros sobor de qué resultado lle daba a íles un problema determinado.Despois de un toma e daca de intercambio de opinions e ajudas cuestions (p.ex onde corta a elipse),o "inquisidor" conacluíu :Pero claro,tío: x2+1=0!!!.Bueno.>O caso é que nigún diles lle ríu o chiste nin aportóu comentario de ninjún tipo.Nesto chejóu o tren e tuven que arrancar sin sabedr en que quedóu a c ousa.Espero que sexa un conto trendin topic dises.En fin.Ay Señor.

Monday, April 28, 2014

o piratada pirateado

¿A que jode?¿eh?

Monday, April 21, 2014

ogallá se engane,oh.

O outro día aparecéu esto no Daily Mail (que leo a diario,por suposto):
A oque o jran Cé Mané Barroso reacionóu inmediatamente no seu tuiter.Veleiquí o curioso tuit:


Monday, April 07, 2014

a toupeira

Eí atrás,un tal Zojrab Ajmari,emitía dende o Guol Estrit Yournal (GEY) un panfleto contra o novo próximo mandamáis da OTAN, Jen Stoltenberg.Unha especie de dossier repasando a vida do tal na qaue ven a pretender que o tipo foi de todo: comunista,pacifista,pro soviético...en fin.O caso é que o tipo remata a sua perorata dando un consello: "Antes de meter a sua alianza nas maus diste tipo,o membros da OTAN deberían investigar sobre as intencións diste fulano en cuanto á colaboración Euro-Americana,a amenaza rusa e as armas nucleares.Visto o séu curriculum non parece que sexa a persona máis indicada prá tarea que se lle vái encomendar".
Eu propoño a creación dun novo órjano na Alianza,o encarjado xeral de investijasión de curriculos (EXIC),ao frente do cal debería estar,sin duda, mister Zojrab Ajmari.
Ai que rejoderse.
(Oes,tamen caibe a posibilidade de que Rasmussen fora un tapado...hummm...)

Monday, March 31, 2014

o tío brasas

Teño un veciño que é un auténtico pelijro público.Como te topes con íl xa che arrejlóu o dia.Empézache a dar a brasa e non te solta.É literalmente capas de falar horas e horas sejidas;e veña,e dalle,que patatín,que patatán....jasus...é moito.Ajora ben,o que máis me toca os juevos,xa non é solo o feito de que fale tantísimo,senon que,cada vez que acaba unha anécdota ou conto (ou crítica despiadada contra aljun veciño),acostumbra rematar a xogada coa coletilla :  "bó...é millor calar"....¡¡¡a madre que o paríu!!!...
A parte de rajador impenitente,xa dijo que é un criticón de moito carallo.Eso sí,á ,maneira dil.Párrafo tal cual lle escóitei o outro día:
"Fulano,ademáis de ser un malnasido,é un puerco e máis un hijoputa.Falando mal: un idiota".Ousérvese que pra íl os tres primeiros epítetos non son malas palabras.¡Pra escarnecer realmente a Fulano chámalle idiota!
é moito...é moito  iste home.

Tuesday, March 25, 2014

Un tipo jrande

Jrasias por todo

Tuesday, March 18, 2014

última hora

machecazzo...

Wednesday, March 12, 2014

zin acritú

clicar na imaxe pra ver millor

Thursday, February 27, 2014

pois sí.Se choveran carallos de punta...

...que vería esa mullerada

Wednesday, January 29, 2014

De cando o 'Faro' nos bota ás pedras



Faro de Vigo.Domingo 26-01-2014.

Na páxina 15 do suplemento cultural ‘estela’,podíase ler a presentación dunha receta nos sejintes términos:
Luras de la costa gallega hechas en su propia tinta... ...

servidas bajo una capa de patatas fritas.
Oes,pois qué queres que che dija.A mín non me parece que as luras foran lucir moito agachadas debaixo dunhas patacas.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na páxina 79 (a dos sorteos),podíase observar o sejinte (e isto non foi un erro de ninguén,coma no caso anterior,senon que é unha información exacta):
LA PRIMITIVA
Jueves 23 de Enero 5-24-34-45-47-49

BONOLOTO
Vierness 24 de Enero 12-16-34-45-47-49
Asombroso.Inquietante.Menudos descalabros estadísticos debéu haber por ehí adiante... :DD

Iñe fim...

Wednesday, January 22, 2014