Wednesday, October 09, 2013

cagontó

A Vida (a Naturaleza),adoita dar respostas sinxelas a ises alambicados interrogantes capaces de nos quitar o sono.Sin ir máis lonxe, eu botéi meses sin durmir prejuntándome qué criterios parámetros ou sistema de medida usan os editores/maquetadores ou quen carallo sexa,pra decidir o tamaño ou a cantidade de palabras/líneas que debe conter un artigo nun determinado xornal,revista, etc.¿1/2 sijarro?;¿1/4 de café?;¿2/5 de espera de bus-metro).pss.
Pero hete aquí.
Eu nunca fun moi amijo de ler.Sin embarjo tiña un amijo/veciño que era un auténtico lletraferit,e fóime pejando un pouco o visio prestándome libros e tal.Eso sí, eu solo lía no retrete.Exclusivamente.(Recordo unha ocasión en que estando lendo Cien Años De Soledad, ocurríuseme a perejrina idea de que se tuvera a jaita tan jrande coma José Arcadio Buendía,tería que cajar con ela fora da tasa,so pena de enchela de merda(literalmente) no fondo da poceta).En fín.
Bué.O caso e que nun momento dado,o meu vesiño/amijo tuvo que se mudar pra Mursia por asuntos de traballo i eu quedéime sin suministro.Dado que xa non era capas de cajar se non tiña aljo pra ler,e que non compro un libro nin anque me amenacen de morte,déi en levar pró baño xornáis e revistas.E foi aí onde veu a resposta a aquela miña duda existencial que comentaba ó prinsipio diste post.Chejéi a desenrolar unha habilidade tal, que son quen de faser coinsidir exactamente o último parágrafo dun artigo con ise cirillote de remate que fai ¡chup! e salpícanos cunha jota (fresquiña) xustamente no medio e medio do burato do cú.Punto final.
A resposta é sinxela (descartando variables insustanciales coma poden ser estreñimentos,editoriales,diarreas ou cartas ó diretor):Un artigo de opinión debe durar unha cajada.Unha entrevista:dúas cajadas.Un reportaxe:tres cajadas.Mallao.

Joder.Menuda merda de post.