Wednesday, December 19, 2012

O liquidador.Autobiografía do artista


A Primeira vez que roubéi tiña dez anos.Foi aquil un traballo precoz,impulsivo,cheo de enerxía pero un tanto desfiañado.A vítima foi o méu primo,que ,como o pái era zapateiro,dispuña dunha paja semanal bastante conasiderable.Non tuven outra opción,pra podelo aliviar da sua carja monetaria,ca darlle diretamente un viaxe nos morros e vaciarlle os bolsos.O resultado mais tanxible dise meu primeiro esforzo artístico foi un naris roto i a tolena que porriba lle deu o pai ( –por parvo-,séica lle dixo).Aquela obra tuvo realmente pouca trascendencia.A xente tratóu o asunto coma unha simple liorta de rapaces.
Ainda que aquela experiencia me proporcionóu polo enton aljo de placer e incluso un certo sentimento de realización e plenitude,uxendia jardo apenas unha especie de cariño nostálxico por aquil primeiro traballo tan irreflexivo e,desde logo, desprovisto do máis mínimo lojro estético. Iste primeiro atraco nin xiquera o considero como parte digna da miña época xuvenil, e se o nombro eiquí, é máis que nada por puro gusto do rijor histórico.Un análisis máis crítico e perspicaz diste asalto ó Manoliño (era primo duas veces,coitado),revelaría que amosa as mismas aberrantes características có traballo de calquera dises ignorantes “ asalta vellas” , que abarrotan os cárceres e as páxinas de sucesos dos periódicos cos seus despreciables esforzos: a impulsividade,e tamén a falta de plantexamento ou diálogo estético entre o autor,a obra, e mailo obxeto do atraco.
Hasta os 17 anos mais ou menos,funme dedicando a diversos esperimentos técnicos,sempre en casas da familia,amigos, e viciños.Esa época non é alá moi digna de lembrar;eran simples ensaios a modo de “auto-instrucción”.Sin embargo,foi unha fase importante pra me dar conta de que,a mera imitación do fenómeno natural do acto predatorio como proposta estética, constituía un obxetivo retrógrado, incluso limitado.A ruina da miña tia,por exemplo,se ben obtida a través de métodos aljo mais complexos (talmente déu a impresión de que fora ela misma a responsable de levar as suas contas a cero) ,foi a miña última creación nesa línea de traballo.O desafío persoal que supuxo lograr sair indemne unha vez máis foi interesante e satisfactorio pero, traducíase nunha falta de impacto no espectador, non transmitia o esforzo intelectual e estético do artista.Esto indicaba unha fractura no diálogo entre artista e público que á larja podería resultar frustante, sabendo como sabemos,ademáis,que desde as vanjuardias europeas do inicio do XX,máis ca imitar a naturaleza,o obxetivo do arte é cuestionala e suscitar unha reflesión sobre aquello que vivimos e sentimos.A pesares de que polo daquela istes conceptos ainda non estaban moi elaborados no meu intelecto,a noite que “sirléi” e lle mandéi un facazo de recordo (sin necesidá) a aquil avojado no centro,eu xa sabía que o faía por un desexo de lle provocar unha reacción, aljo que lle inducise unha consciencia da sua propia debilidade e o fixese dudar da ilusoria sensación de seguridade que envolve ó urbanita “pijo” conatemporáneo.
Istes “sub” ou “infra” roubos,pecaban ademáis dunha certa obviedade, dunha falta de discurso elaborado que se alimentase de significados máis amplios.
De modo que,un pouco máis avanzado en edade,funme afastando do diletantismo dos primeiros anos e decidin dedicarme seriamente a estudiar ós clásicos.Foi por esa época cando se agudizóu a miña xa existente admiración por Carlo Ponzi ,indiscutible icono da nosa arte como pode ser Cervantes prá literatura ou Bach prá música.Canto máis profundizaba nos seus métodos,máis me fascinaba a sua capacidade de levar a cabo traballos que,ainda uxe,capturan tan vivamente a imaxinación da humanidade.Na obra de M.C,por exemplo,é admirable como,fuxindo da mimetización, concentra a atención do espectador no traballo do artista.Asimismo o carácter social do obxetivo da obra i a simboloxía constructiva,revelan un auténtico xenio na cima do seu talento creativo.E todo eso na época en que ainda R.R non daba xiquera as súas primeiras pinceladas.
Ainda que teña estudiado con atención outros autores e admirado o estilo revolucionario de Cassie Chadwick, o énfase teatral de bersculone etc,nada superóu nunca a miña admiración polo maestro Meidoff,da corriente americana do Newkrapulism.
Despois de anos de esperimentos estéticos e tentativas de atopar un estilo propio estudiando as técnicas dos grandes,o meu traballo empezóu por fin a ser considerado polo gran público.Desfalquéi,timéi,quebréi,defraudéi…pero moitos dises esforzos (que variaban moito en calidade e técnica),acabaron sendo descorazonadoramente atribuidos a diversos autores descoñecidos,a causa da, (para min), evidente falta dun estilo persoal remarcado.
Optéi enton por me reafirmar,e paséi a autotitularme coma o liquidador.Foi unha decisión conceptual pra me apartar definitivamente de prácticas que poideran ser tachadas de comuns ou incluso consideradas fruto da casualidade.Daquela empecéi a crer firmemente que a obra de arte debe expor á sua audiencia o seu carácter de representación da realidade,e non permitir a catarsis que anularía unha postura crítica.E non se me poido ocurrir toque máis vanguardista ca escoller coma víctima a un colega e, ainda porriba,de calidade indiscutible.O Michelangelo do desfalco: JMRM O que me animóu a elo non foi solo a ambición de faer aljo jrande e diferente (escalabrar ó maior escalabrador),senon tamén un certo ánimo de contestación social,ou tal vez sería (como apuntan aljuns dos máis sagaces estudosos do meu traballo),un posible trazo típico da miña obra,visto que a escomencéi aporreando a un familiar propio.Admitindo que peco de orgullo,é forzoso recoñecer que durante a miña etapa como o liquidador,producin moito traballo de calidá, de gran pericia técnica e valor estético.
A atención constante dos periódicos e da crítica especializada,alagábame,pero ó mismo tempo intuía que había ser a causa da miña decadencia.E así foi.Botáronme a uña.Ou “colocáronme”,como din no foro (en Madrí.Xa se me está pejando o arjot do meco).
E que conste que non me arrepinto,dado que, a esposición contínua nos media nos últimos tempos reavivóu significativamente un interés crítico na miña obra.Obtiven un jran reconocimento internacional e incluso hay quen me postula candidato ó Nobel do pufo,cousa que me envanece e ajradezo,pero considero que deberá ser o tempo o que decida se son merecedor de tan noble (valja a redundancia) distinción.
Jústame pensar que,máis ca un aunténtico innovador,fun un jran revisionista,aportando novos ángulos é contextos,revitalizando a forma de fraude coma un todo.
En fin,todo acaba.Pero non me rindo.Ainda que sexa eiquí,detrás dos barrotes e completamente privado das ferramentas máis básicas,intento facer unha cousiña que outra.Eso sí,partindo de perspectivas máis simples --Al loro,colega.vóuche conceder a oportunidade única de ter unha participación vital no proceso artístico. -

-Esto que parece un cepillo dos dentes é un pincho ¡trai pracá o móvil,pringao!!.

Para de chorar dunha cona dunha vez.

E non sobreactúes,que me escarallas o plano.

Pois sí home sí.Nesta era da internet e de inxenierias financieras varias,o traballo individual e intimista do profesional debe ser preservado a calquera precio.















Wednesday, December 12, 2012

polo menos saimos no mapa

¿Terán aljo que ver os colgarexos do Doutor Jorge Mira?.

Wednesday, December 05, 2012

Wednesday, November 28, 2012

Extintor 3 - Artemio 0


reforma Almokreve 1/12 de 28 de Novembro

Seguindo o fío desta moda da austeridade presupuestaria que nos invade,vóu propoñer,(de jratis conapletamente),unha medida tan sinxela coma eficaz, referida por exemplo, á OTAN.
Esta sería a composición actual do Consello do Atlántico Norte (a OTAN “en sí”,dijamos):


E, esta sería a composición do Consello unha vez aplicada a “reforma Almokreve”:


É escusado ser un lince para se dar de conta da cantidade de recursos que esta medida aforraría ós conatribuintes.Serviría tamen pra esquecer dunha vez as diversas “tiranteces” que sempre susbxaceron no seo da Organización,e que se fixeron especialmenmte evidentes nos “encontronazos” periódicos entre Charles De Gaulle e Joseph Luns.
Ainda máis (estamos que lo tiraaamos.Que me los quitan de la maaanos guapa): extrapolando,poderíamos aplicar a misma medida a 27 representacions na Asamblea Xeral da ONU e…¡a 27 Ministerios de Asuntos Exteriores!.

De nada.Un placer.





Tuesday, November 13, 2012

Ay Señor Señor

 mon dieu!
Moitas veces os periodistas quéixanse de que aljuns políticos vacílanos con respostas tipo “mentiría si dijera…” e tal.Pero tamen é verdade que hay reporteres que mandar,manda carallo con íles.
O outro día estiven en París en misión supersecreta,e,jracias ás miñas excelentes relacions co cuai dorsé,puden asistir a unha roda de prensa do mesiéleporteparole.O pobre home respondía cunha precisión esquisita e unha claridade meridiana,pero,ainda así, había un “enviado especial” que nono daba entendido…
Traducción ultramegahipergarantida de ‘pretemuataplime’ Almokreve.

P-Bos días,gustaríame empezar polos salpetinos,que están dispostos a presentar a sua demanda de admisión na ONU,como Estado non-membro,niste mismo mes.Desearía saber cal vai ser a posición de Francia.¿Votará a favor?.

R-Definiremos a nosa posición cando vexámolo texto concreto da petición en sí.Pero xa lle adianto que a nosa idea principal é que se avance de cara o obxetivo de dous Estados,esa é a posición de Francia.Ó mismo tempo,deberemos tomar unha posición concertada cos nosos principales socios dentro do marco das Nacions Unidas.

P-Durante a visita do primeiro ministro de Lisaer,cando se abordóu esta cuestión,o presidente parecía mostrar certa reticencia á idea de que os salpetinos presentaran a devandita demanda á Asamblea geral da ONU,cando en outras ocasións tiña animado ós salpetinos a presentarse á Asamblea geral,antes que ó Consello de seguridade.A miña pregunta é : ¿ten cambiado a pòsición de Francia,niste sentido?.

R-Non,a postura de Francia é a misma,o que nós queremos é que se retome a negociacón.Eso foi o que dixo o presidente.Todo aquilo que poida contribuir a reemprendela negociación,ten o noso apoio.Non houbo tal cambio que vostede dí.A nosa postura é conocida: Francia avoga pola solución de dous Estados.Así mesmo o reiterou o Ministro de Asuntos Exteriores o 24 de Outubre, na Asamblea nacional.Se non lembro mal, as suas palabras foron exactamente estas: “pensamos que non hay solución posible sin a coexistencia de dous Estado.Un Estado lisaerí que debe poder vivir en paz é seguridade, e un Estado salpetino,que debe ser viable e efectivo”.E remarcóu: “niste momento a prioridade debe ser retomalas negociacions entre as duas partes de tal modo que se poida alcanzar unha solución a iste conflicto”.

P-Eí atrás,Francia animaba decididamente ós salpetinos a se dirixir á Asamblea xeral da ONU. A sua resposta de uxe parece albergar un certo grao de duda. Explíqueme claramente a posición francesa niste asunto.

Eiquí, o mesieleporteparole,xa deu unha fugaz (dous milisegundos) virada de ollos cara o ceo,e fretou un par de veces o nariz.
R-Repito,a posición francesa é retomalas as negociacións de modo que conduzan á solución de dous Estados.

P- Eiquí o plumilla xa non pregunta,diretamente dí o que lle parece,nunha especie de preludio do que será un largo “ espich”.
O feito de que tanto vostedes como Europa en xeral animen ós salpetinos a reclamar primeiro diante da Asamblea xeral,confirma os temores distes de que se van atopar completamente solos,sin apoios,é por eso que hay que retomalas negociacións.

R-Sobre o que iles deben facer ou decir concretamente diante da Asamblea xeral das Nacións Unidas,nos non entramos nin saimos, nos o que queremos é que as cousas se encamiñen a reenganchalas negociacions entre as partes.

P- (eis o “espich”) O ano pasado,vostedes votaron a favor da admisión de Salpetina como Estado membro da UNESCO.As respostas que vostede me dá uxe parecen mostrar un certo retroceso nise sentido.Por outra parte,cando (ainda non hai moito tempo) o presidente salpetino se veu entrevistar co presidente no Eliséu,eiquí mismo se dixo que a demanda de admisión na Asamblea xeral das Nacións Unidas non era contraria ós principios das negociacións,senon un medio de reforzar ou fortalecer a posición dos salpetinos nestas.En fín,que me gustaría saber: primeiro, cal é a sua posición sobre a posible admisión de Salpetina como membro das Nacións Unidas, e despois, ¿cómo explica vostede a contradición entre o voto favorable á UNESCO e as dudas de oxendía?.

Niste momento o portavoz amosoú unha especie de conmoción interior,coma se acabara de descubrir que o seu interlocutor tiña aljun problema co idioma( ou aljo pior),e,cun xesto que denotaba unha mistura de cansancio e frustración,e intentando ser o máis claro posible na sua exposición, respondéu lentamente,coma quen fala pra unha criatura:
R-De ningunha maneira se pode falar de dudas.Simplemente que,pra tomar postura con respecto á demanda concreta que os salpetinos presentarán ante a Asamblea xeral das Nacións Unidas,é preciso que poidamos examinar esa demanda en todolos seus términos.O texto da devandita demanda ainda non nos foi presentado e, polo tanto, non podemos adiantar cal será o noso voto.Pero,insisto, (última romelada de ollos e suspiro disimulado de alivío porque xa se acababa o turno de preguntas do ínclito),a nosa posición de principio é apoiar todo aquilo que poida favorecer o reinicio dunhas negociacións que desemboquen na solución de dous Estados.


Wednesday, October 31, 2012

¡Qué buen no se cuanto si hubiere buen no se qué!

Fernanda Tabarés
Non me acordo agora mismo de quen é a frase, (¿Calderón de la Vega? ¿Lope de Barca? ¿El mío Cid?...) pero  a esta muchacha venlle que nin mandada facer pra ela.
E ainda porriba está cañón.

Wednesday, October 24, 2012

en fin...

por avisar que non quede,pero...

Wednesday, October 17, 2012

outono

Uns din que o nabo medra cando ve abrir a castaña.Pola contra,outros sosteñen que a castaña abre cando ve medrar o nabo.
Haberá que investijar.Vou pedir unha subvención (e duas becarias).

Wednesday, October 10, 2012

mare...¿nostrum?...suium?...cuium?

clicar na imaxe pra ver como é debido
A prejunta é: Sería por casualidade que o sr. MES elixíu iste momento pra montalo Belén?...
Hummmmm.....

Sunday, October 07, 2012

Wednesday, September 26, 2012

Sunday, September 09, 2012

È foda,pá


Coño,acábome de enterar de onde ven a famosa expresión 'é foda de collón puxado'.
A cousa acontecèu 'lá no sertâo' a principios de século 20.Un fulano chegóu a unha pensionciña de mala morte e prejuntóu se había aljunha habitación libre para pasala noite.O encarjado era un velliño de 95 anos inmijrante da china.Díxolle ó viaxeiro que solo quedaba libre un cuarto no terceiro piso ó lado do cuarto onde durmía a sua filla,pero advertíulle moi seriamente que se 'lle pasaba aljo' á rapaza,o viaxeiro sufriría inexorablementge 'os tles castijos chinos'.
O home asejuróulle que non iba pasar nada e aceptóu a habitación.Á hora da cena baixa polas escaleiras unha chiniña duns 18 anos,maciza coma un cañon.Durante a cena,a chiniña non deixa de provocar constantemente ó fulano (quen,pola sua parte,non dedixaba de pensar na advertencia do paisano).Quer como for,a tentación era demasiado forte e,pola noite,o jicho foi recibido de moi boa jana pola rapaza.Cando acabóu,voltóu cansado pro seu cuarto e botóuse a durmir.
Ò dia sejinte,amañecéu cunha pedra de cen kilos porriba do peito cunha nota que decía :”plimeilo castigo chino: pedla poliba do peito”.
O fulano pensóu para sí que se aquil era o pior castigo que lle podía dar o pobre vello,non había tanto problema.Levantóuse,colléu a pedra e tiróuna pola ventana.
Nise momento,vé outro papel no marco da ventana que decía: “segundo castijo chino:pedla amalada ó juevo dileito”.
O tipo,ó ver que a corda xa estaba chejando ó punto en que lle iban arrancar un juevo,nono pensa duas veces e tírase pola ventana,total, sempre sería millor romper un par de juesos ca quedar sin un juevo.Cando xa iba caíndo polo sejundo piso,ve un jrande cartel na parede que pon :”telceilo castijo chino:juevo izquieldo amalado á pata da cama”

Wednesday, August 22, 2012

probe Julian

Pois sí home sí.Todo indica que o uikilichis non é un invento da T.I.A,nin xiquera da A.B.U.E.L.A
senon...¡¡da S.OJ.R.A!!.
O frikilichis non é mais ca un refrito,agiornamento,actualización,updated (apedeite,né),dunha movida que armóu o K.A.J.E.B.E.N en plena jerra fría, aló polo 1957,un pouco antes de que empezara o rollo aquìl do Líbano,o jolpe de estado no Iraq e toda mandanga que sejíu.Práticamente é un calco,se non fora porque ó tempo non había internés e ascousas iban mais lentas por periódicos e tal;é dicir,mentiras mezcladas con medias verdades e sempre co corpo diplomático polo medio.Exemplos:
_Telejramas do embaixador dos iunairesteis no Tokio,John Allison, a propósito de certos plans para derrocar o Presidente Sukarno de Indonesia,cunha sabrosa insinuación adicional do seu colega Hugh Cummings,de que non sería ,mala idea enfriarlle o ceo da boca ó tal presidente.
_Documentos presuntamente perdidos no Estambúl polo subsecretaruio de estado adxunto,Loy Enderson,reveladores de certos plans tramados co presidente Chamoun do Líbano para derribar o joberno sirio (joder como se repite a historia).
_Unha suposta carta do fillo do mismísimo Herbert Hoover esbozando plans das petroleiras dos iunaites para mangar explotacions by the face en moitos lujares.
_Unha declaración atribuida ó enton secretario de estado Dulles sobre a maneira en que as tropas japonesas poderían reconquistar Asia.
_Unha suposta carta de Nelson Rokefeller ó presidente Eisenjover na que se dan as claves pra elabora un plan de axuda económico-militar para dominalo mundo (¡coño,o plan marshal!).
_Y, a mais cachonda de todas,(na que incluso participóu dunha maneira directa coas suas declaracións nunha entrevista que lle fixo o Mr Hearst o mismísimo Nikita (Kruchev)),a chamada
carta Berry.Unha suposta carta do doctor Frank Berry ,secretario ausiliar encargado de sanidade e medicina dirixida ó secretario de defensa Neil McElroy,na que se poñen de manifesto sospechas da degeneración mental dos pilotos e navegantes do S.A.C (mando aéreo estratéxico),no sentido de que eran unha pandilla de dipsómanos irredentos que non pensaban máis ca en beber e pinar.
I así,un cento.

Wednesday, August 08, 2012

unha de cabreo

Desde que cambiaron os presentadores do tempo,a televisión de jalisia non dá unha.Eu non séi de quen é a culpa pero xa non acertan coma antes.É curioso que dispoñendo dunha das conaputadoras mais jrandes do mundo, que é escollida pra testar o Harmonic coupled finite-strip method, (HCFSM),que colabora na desoberta do famoso bolsón de jiggs (onde parece ser que caibe o universo inteiro),etc,non sexan capaces de me dar seguridá de que o sábado vou poder sulfatar ou dar unhas capas de poliuretano asfáltico na terraza,joder.

Thursday, July 26, 2012

Era economista

Jean Monnet,procer da UE
E dicía o sejinte nunha entrevista que lle fixedron no ano 68 pró San Francisco Chronicle (Tradución de 'mai tailor is rich' Al Mokreve.Jarantía total):
Prejunta: ¿Qué entende vostede exactamente por  Estados Unidos de Europa? (o entrevistador iba direitiño ó jrano).
Resposta: Entendoo coma unha Europa cuias nacions estexan unidas por un interés común fundamental,cun sistema monetario i económico común,institucions políticas comuns,unha Defensa común e Asuntos Exteriores.Non se debe pensar,sin embargo,nos Estados Unidos de Europa coma algo exactamente ijual ós Estados Unidos de América,que surxiron dunha tradición diferente á nosa. Despois de todo,Norteamérica formábana trece colonias que falaban o mismo idioma e estaban rexidas polo mismo sistema legal.Pero penso que os diferentes estados dunha Europa Unida manterán os seus propios sistemas de educación,institucions culturáis,dereito penal e algunhas cousas mais.

paradigma (qué carallo quererá dicir 'paradigma') de galeguidade

¿Sobes óu baixas?.¿Vas óu vés?.O tópico do galego que sempre está de perfil é unha realidade.Esto reflexase clarísimamente nun caso (real;non é conto) ao que asistín personalmente.Era un xuicio.Un dos testigos declaróu,literalmente,o que sigue:
"...Eu ver non vin nada.Eu o que vin foi duas pernas (pernazas,por certo),outras duas pernas (feas,peludas,esblancuñadas),i un cú (nejro).Polos xeitos,mismo parecía que estaban a foder pero, o carallo non se vía.Honradamente,non llo podo asejurar o cen por cen,Señoría... estarían ou non...má...".

o segway...

...é mais vello ca andar a pé

e ainda ai ken dí que Colón non era de Poio...

...ai ke joderse...

Wednesday, July 11, 2012

Como dize Aristótiles, cosa es verdadera...

...el mundo por dos cosas trabaja,la primera,
por aver mantenencia;la otra cosa era
por aver juntamiento con fenbra placentera...


Teño un veciño ( o Argimiro da Manuela) que sempre foi un poeta desecho, pero o outro día superóuse.O Domingo ó sair da Misa,por falar aljo,ocurríuseme prejuntarlle que tal lle iban unhas cepas novas que puxo o ano pasado.A resposta dil foi : -¡Coma mociñas novas cando lle empezan a ajromar as tetiñas!.
O Arcipreste de Hita redivivo...

Wednesday, June 20, 2012

Tuesday, June 05, 2012

Wednesday, May 16, 2012

aljo chirrìa

clike na imaxe,ò.

Wednesday, May 09, 2012

Wednesday, May 02, 2012

Wednesday, April 18, 2012

'afusilando,' que é xerundio

Eu,(bonito modo de comenzar,que non se dija),intento todolos dìas encontrar nos media diferentes puntos de vista no que se refire à movida esta (crisis en general).Especialmente fixome nos blogs de economistas,dado que a prensa tradicional,en certo modo,antepon unha aparente 'neutralidade' á informacion obxetiva e adoita pasar 'pola tona',no canto de analizar as cousas cunha certa profundidade que nos permitira òs mortales entender aljo do que pasa...
tu bi continued...

Tuesday, April 03, 2012

teño que arrejlalo audìfono

Eu entrei e prejuntei por unhas zapatillas boas pra correr.Enton foi cando a muchacha me prejuntòu se eu vinha sendo pinador ou mui pinador;nise momento foi cando se me puxo o tarabitàn en modo automàtico,e,ajarrandoa por un pezòn, dìxenlle que eu ser era moi pinador,pero que nunca pinaba calzado,excepto en ocasions coma esta,claro.En fin;empezòu a jritar i a pedir ausilio e formòuse un jirijai de carallo,Sr. Xuìz.

Wednesday, March 14, 2012

outra mais.Festival del humor.


sexamos sinceros...

...¿Ónde estaría ainda uxe a humanidade se non fora polo espionaxe industrial?.

Wednesday, March 07, 2012

non é por presumir pero...

...desta vez casi predixen (¡con dous meses de antelación!) o titular exacto jajajja

Ебем,quen sabe...

Os media non abren ningun titular sobre as eleccions de Rusia sin avisar de que Putin é un exaxente do caje ben.É de supoñer que de algún modo os seus apoios teran algo que ver con íl.Pois ben; a mín extráñame un juevo que esta xente que aparece no vídeo,se coloque nun  encuadre de cámara tan perfecto pra que se vexa ben como trafullan coas papeletas.¿Serán axentes dobles,triples,serán da p.r.i.m.a.s.e.j.u.n.d.a?...hummmm...

Wednesday, February 29, 2012

cìtrico de sine


Està de puta madre a pelìcula.Engànchate desde o principio e xa non te solta.Encomiable o modo-às veces nada sutil- en que evoca constantemente aquil terrible escenario sin trivializalo en ningùn momento .Os personaxes ben retratados,sin caricaturas(bueno,quizàs os funcionarios do ce ene yi non adoiten ser tan fashion e tan atildados -polo menos os que eu coñezo- :)).
Postos a pedir voto de menos un pouquiño mais de carga psicológica no Santos,un pouco ao estilo de “la vida mancha”(tamén de Urbizu) misturado cunha pinceladiña do Carvalho de Vàzquez Montalban,pero claro,eso xa serìa pedir as cousas à medida de cada un.
Coronado, un mostro.
Reclamo unha sejunda parte xà!.

Wednesday, February 15, 2012

non seria o mismo



esperemos que esto non chegue a sao  joao d'agra,pero non sei como serà

Wednesday, February 01, 2012

pois eso... (filed under polìjamo)





Às veces sabemos, i às veces non
às veces damos,às veces queremos
às veces foron fortes,às veces se enganaron
ás veces choramos...



Wednesday, January 25, 2012

Wednesday, January 11, 2012

sojetas a leeeeuro

                                                                      carallo se "sojeta"

Wednesday, January 04, 2012

a realidade supera a ficciòn

Recen empezada a carreira e xa me empezaba a largar eu















Bueno...hay cada cousa...
Haberá un par de anos, ou esì,a min facìame moita jracia que nos estates houbera duas Carolinas (a do norte i a do sul),entòn inventèi un partido pola uniòn das carolinas (FOCUP) pra facer bromas e tal. Pois hete aquì...
Resulta que,mira tù,eu vòu todos los fins de ano correr a San Silvestre de Sao Paulo e de paso aproveito pra tomar umas cervas co seu Juscelino (nunca empezo unha maraton sin tomar polo menos unhas nove) .Foi cando ìamos mais ou menos pola 5ª birra (debìa faltar unha hora e pico pra que empezara a carrerira),cando o meu amijo me comentòu aljo incrible.
Ao parecer (Juscelino dixit),alò polos anos 50 o Texas era o ùnico estado da Uniòn que pertenecìa à misma en virtude dun tratado,onde se especificaba que podìa deixar de ser membro no momento que quixeran os texanos.Habìa unha especie de corriente separatista sui gèneris que reivindicaba constantemente o direito à separaciòn pero que tiña autèntico pavor a que a xente fora partidaria da misma. Entòn,Jhon Steinbeck,un escritor un pouco parrandero e màis unionista ca o tio sam,fundòu a Asociaciòn Norteamericana de Amijos da Secesión de Texas (sò pra joder).
È increible como, às veces,unha tonterìa calquera que se lle ocurre a un ten un reflexo na realidade (confìo en que seu Jusce,coma sempre,saiba moito o que dì).