Monday, December 30, 2013

Bagdad Café

Xa séi que vái aljo tarde,pero non quero deixar acabar o ano sin deixar ben claro que son o tipo máis ajudo da internes...

Wednesday, December 18, 2013

La gente tá mu má

Non vóu facer ningún comentario porque iba ser moi desajradable.Joder.
Sempre co debido respeto á defunta,qaue sejuro qaue non ten culpa de ter unha cuñada tan adorable.

Wednesday, November 27, 2013

Sao Paulo leaks 2957.Xeneral Nostradamus

Fai ajora sincuenta anos,o por enton director da a.b.u.e.l.a,W.R,encarjóulle ó Xeneral de Brijada D.S,que daquela presidia o consello de administraión dunha importante compañia dos media (en fín,a famosa transferencia tesnolóxica milicus-civilicus),un informe sobre o seu parecer a propósito do futuro das telecomjunicacións.

O tipo era un auténtico lince,vas ver.

Anticipa a importancia da  internet:
            ...a humanidade atpopase uxe ás portas dunha  revolución no eido das comunicación, cuia influencia na nosa vida cotiá pode ser tan profunda coma a que supuxo a revolucióln industrial do século xix.

Dá un toque a propósito da colonisasión cultural :
...cando un satélite indonesio poida enviar televisión diretamente a  unha jranxa de masatechutes,¿quén impedirá que esta forma de comunicación se convirta nunha arma motífera,un instrumento de subversión en masa e unha incitación ó conafliuto?.A tentación de ver projramas de `países remotos,que ao fin seran en cores,vai se irresistible.A propajanda,sutil ou aberta,chejaranos atrativamente disimulada como diversión,cultura ou educación.(iñe fim;no comment)

Predí o skype:
...poderáse conaversar con calquera persona en calquera parte do mundo e vela ó mismo tempo.

A juikipedia e mailoo jújel:
…Conaservaráse en bibliotecas eletrónicas todo o conadecemento humano e todala decomentación á medida que vaia saindo dos laboratorios,universidades, etc.C hejará o día en que calquera persona poderálle facer unha prejuntra a unha conaputadora sobre calquera tema imaxinable e recibirá resposta en poucos sejundos.

Pronostica  daljun  xeito a ciber-juar:
...Desencadedaránse forzas cuio efecto final,pra ben ou pra mal,de momento é incalculable.

I ajora ven a jinda do pastel.
Dado qu o tipo clavóu todalas súas previsións (malladas,oes),hay unha que ainda non mensionéi que me acojona un pouco....

Nunha parte do seu informe ven a dicir que
...istes aparatos poderán rsponder a ordes que se lle dean por escrito,por imaxes ou de palabra,escollendo ou rexeitando unha voz,unha cara óu un símbolo entre millons;poderán ademáis, por un proceso análojo á lóxica do entendemento humano,aprender coa experiencia.


GLABS!Tendo en conta que o bicho acertaba máis ca o pulpo Pol,¿quen nos asejura que non acertóu tamén esta última e que lutoridá competente (melitar,por suposto) non nos manten oculta a esistencia de tal tecnoloxía?.mh…

Wednesday, October 09, 2013

cagontó

A Vida (a Naturaleza),adoita dar respostas sinxelas a ises alambicados interrogantes capaces de nos quitar o sono.Sin ir máis lonxe, eu botéi meses sin durmir prejuntándome qué criterios parámetros ou sistema de medida usan os editores/maquetadores ou quen carallo sexa,pra decidir o tamaño ou a cantidade de palabras/líneas que debe conter un artigo nun determinado xornal,revista, etc.¿1/2 sijarro?;¿1/4 de café?;¿2/5 de espera de bus-metro).pss.
Pero hete aquí.
Eu nunca fun moi amijo de ler.Sin embarjo tiña un amijo/veciño que era un auténtico lletraferit,e fóime pejando un pouco o visio prestándome libros e tal.Eso sí, eu solo lía no retrete.Exclusivamente.(Recordo unha ocasión en que estando lendo Cien Años De Soledad, ocurríuseme a perejrina idea de que se tuvera a jaita tan jrande coma José Arcadio Buendía,tería que cajar con ela fora da tasa,so pena de enchela de merda(literalmente) no fondo da poceta).En fín.
Bué.O caso e que nun momento dado,o meu vesiño/amijo tuvo que se mudar pra Mursia por asuntos de traballo i eu quedéime sin suministro.Dado que xa non era capas de cajar se non tiña aljo pra ler,e que non compro un libro nin anque me amenacen de morte,déi en levar pró baño xornáis e revistas.E foi aí onde veu a resposta a aquela miña duda existencial que comentaba ó prinsipio diste post.Chejéi a desenrolar unha habilidade tal, que son quen de faser coinsidir exactamente o último parágrafo dun artigo con ise cirillote de remate que fai ¡chup! e salpícanos cunha jota (fresquiña) xustamente no medio e medio do burato do cú.Punto final.
A resposta é sinxela (descartando variables insustanciales coma poden ser estreñimentos,editoriales,diarreas ou cartas ó diretor):Un artigo de opinión debe durar unha cajada.Unha entrevista:dúas cajadas.Un reportaxe:tres cajadas.Mallao.

Joder.Menuda merda de post.

Wednesday, September 04, 2013

manual de encriptación Almokreve 3.0


É sencillo.Eso sí,sempre respetando a imaxe de marca i o noso leit motiv;cir:non matar a cabeza (niste  caso creando un algoritmo ou cousa que o valla),e,dentro do posible,aproveitarse do traballlo dos demàis ( o jújel traslate,nesta ocasión).
Por exemplo,collemos unha páxina de twitter dun probe pringao tailandés,esta misma

i eiquí nos sai o ínclito coa sua presiosa jeta de chu-lin.Seleccionamola primeira frase que aparece

e pejámola no tradustor (tailandés/español)

O primeiro resultado é un fillo mutante (fukuxima).Pois  ben: asejun imos borrando de direita a esquerda caracteres da frase tailandesa,o resultado da tradución varía sustancialmente :DDD

2

3

4

5

6
7



8
Evidentemente é un manual pra axentes secretos,que duda caibe.

Wednesday, August 14, 2013

E=¡fiuuuu...!


Haiku


O jobierno considera que estamos a 15 de Maio.
A oposición "aposta" a que é 17 de Xullo.
Os sindicatos,"polo contrario",asejuran que son as 11 e cuarto da noite.

E sin embarjo,chove.

Wednesday, July 24, 2013

Lucía y el seso


ENQUISA

¿Qué coida vostede que lle poido ter acontecido a esta moza pra se chegar a zambullir nesta ponzoña?:

a)Resbalón en ducha/bañeira co subsejinte TBR (Traumatismo de Bulbo Raquídeo).
b)Meninjítis Asiática jalopante (MAJ).
c)Aparecéuselle El Señor.
d)É unha infiltrada da S.J.A.E.

Ós primeiros quince votantes rejalámoslle unha semana de internamento na clínica do Dr López Ibex,pra ver de superalo TEPT (Trastorno de Estrés Post Traumático) causado pola inesperada visión desta muller en semellante entorno.Por certo,veleiquí a transcripción dun cortiño pero intenso documento sonoro do primeiro paciente relacionado con iste tema.

...pois sí,Doutor.Eu estaba tan ricamente,elí,no hospital,facendolle compañía a unha miña prima sejunda que está resien operada de Amorroide Pertinás Recalsitrante (APR) i a pobre non ten familia.A Enriqueta é moi afisionada a os projramas istes da telaínco i eu,por lle sejilo rollo e animala un pouco,alí estaba mirando semellante vomitivo.Todo marchaba sejún o previsto (que se o sarxento era jai, que se tal que se cual...),cando de repente,un flash ,un fojonazo terrible que me penetróu hasta o hipotálamo: no medio daquela cuadrilla de anerjúmenos...¡¡¡un primeirísimo plano DELA!!!...Eiquí o coitado empeza a hipar,a xemer e a farfullar incoherencias.Óese ruido de arrastrar sillas,voces alarmadas,en fín,a banda sonora típica da aplicación do Protocolo de Inmovilización Mecánica y Sedación del Individuo (PIMSI) e córtase a jravación.
Terrible.Patético.O caso é que se non artellamos unha estratexia efectiva pra previr/evitar/neutralizar iste tipo de ataques sorpresa, la salud mental de este país se va a la mierda,que diría Fernán Gómez.

apedeite: En descarjo de posibles acusacións de anacronismo/extemporaneidade/proc rastinación posteadora,teño que decir que por eiquí por onda nós, a dilixencia do correo solo pasa ós miércoles.
Jau.

Wednesday, July 10, 2013

Wednesday, July 03, 2013

Wednesday, June 19, 2013

currante

O outro dia no Suplemento do Faro viña unha entrevista co Lofti Zadeh (o da Lóxica Difusa) que incluía unha foto impagable.Parecía unha ilustración dun manual de loxística no capítulo do famoso Almacenamento Caótico.Lástima de photoshop pra colocar un bocata tortilla a medio comer envolto en papel de aluminio elí onde marca a flecha.Quedaría perfecto.

Wednesday, June 05, 2013

dejá vú


Hay que ver a historia que momentos de paralelismos e dejavús presenta por veces.
Co Séu Jusce,ademáis de nos ver un par de veces ó ano (con vírgula xDD),mantemos periódicamente uns batepapos daquiles darrejlar o mundo.O outro día estabámos comentando aljunhas chorradas a propósito do pifostio iste que se está montando lá no midel east,cando de pronto o séu me dí :-perahí.E mándame un correo.Era a copia dun documento dises que ten íl (nunca lle prejuntéi de onde os saca porque corro o risco de que mo dija e non quero sabelo.Cá.tsk,tsk.).Consistía na transcripción dunha jravación.Alí estaban,nunha casa de campo ubicada en Merilan (qué carallo terá Merilan, que ten tantas cousas intreresantes...) propiedade do enton secretario de estado,nada menos que o propio Jillermiño (Royers),o Ricardiño (Nison),o Anatolyño (Dubrynin) e mailo mismísimo Superintendente Vicente da época(outro Ricardiño: niste caso M.Helms).(resulta raro que,co personal que alí estaba reunido, esta conversa fora jravada xDD).¿E qué creeria vostede que estaban trafullando aquiles intrèpidos picaruelos?.Póis ademáis de conasiderala hipótesis dun intento de aprosimación á China Comunista (¡¡estando presente o Dobrynin!!...curioso...),trataron óutro asunto que nos soa últimamente moito maís familiar:a conveniencia óu non de que juasisnton fornecera de equipo militar a Jordania,sometendo o suministro de armamento a unha serie de condicions,que ,en certos aspectos,eran un calco das que uxe se tratan de impoñer no caso do posible apoyo ó ASL,FSA,ESL,ou como carallo lle chamen .Recordemos que por aquel enton os fedayins estaban en camiño de lle perdelo respeto por completo ó exército Jordano,e aljuns mandos xa empezaban a estar un pouco hasta o carallo e o bo do Husseiño andaba mosca.
Pois isto acontecía hay bastante máis de corenta anos.
Curiosamente, Jordania acaba de anunciar istes días que nas maniobras militares diste ano,vanse conatemplar todolos escenarios posibles.
Iñe fím,que non somos nada (e menos en calzoncillos).
O caso é que o Séu,cinéfilo il,rematóu prejuntándome/se,se cuns actores,escenarios e jionistas tan paresidos, a película desta ves ¿sairá ijual,distinta,ou paresida?...
Daquela quedamos en deixar pendiente un debate a propósito de Jolivú,cine independiente,actores secundarios,especial guess estars,etc xDDD.

Wednesday, May 29, 2013

exclusiva mundial

Uxe vai ser o histórico día no que se promulja por primeira vez o teorema de Almokreve.Vas ver.
A resultas dun traballo que me encarjóu a O.C.U.C.K.C.F.D.L.K.S.E.L.K.S.C.K.S.F.O.K.LL.S.D.K.E.S.T (orjanisasión de conasumidores e usuarios cabreados kinindiola coa factura da lus ke se erros de lectura ke se conapensacións ke se fan o ke lle sai do karallo e sóbralles tempo),( por certo,vai levar como título: Amores imposibles: a estadística maila factura da lus),anduven unha temporada trasteando no excel.Foi esí como,de casualidá,enredando,descubrin esta esta curiosa propiedade do nº 9.
De maneira que o teorema de Almokreve ( ou quizá o rexistre mundialmente coma axioma de Al,en plan pijo) podería ter o sejinte enunciado:
Dada calquera cifra AB, se a (AB) lle sumamos 9 danos como resultado un número (CD)
de tal modo que sempre se cumple que:
A+B=C+D.Innngggreible.
As excepcións son :
cando B=0
cando A=9 (ou varios noves conasecutivos)
 


A demostración máis palpable de que é unha rejla matemática en toda rejla,é que cumple as dúas condicións esixibles a calquera delas,a saber:
1.-Ten a súa correspondente excepción (niste caso dúas,pra máis abondamento)
2.-Non sirve absolutamente pra nada.

A cousa poderíase desenrolar moito máis, pero ajora non teño tempo, que teño unha cita co Perelman polo Skype para discutir uns asuntos (en ruso,naturalmente).

APEDEITE(05-06-13)
 
O outro día tiña aljo de presa e esto quedóume unha chafallada.Lejalmente debería quedar máis óu menos esí:


Ay que potitooo