Monday, July 28, 2014

Brasuca



Fái unhas semanas,e con ocasión da celebración dos mundiales de fuchibol, fun invitado polo joverno da Dilminha,na miña condición de experto (entre outras cousas) en Control de Ajlomeracións,a dar unhas “charlas” a aljúns oficiales do BOPE.Coma sempre que a ocasión o permite,aprovéito pra pasar o máximo tempo posible co “seu” Jusce,tomar “umas frias” e remexer na sua extraordinaria coleción de documentos non desclasificados (xa teño dito que,de onde os saca,non teño nin a menor idea.Nin il mo dí nin eu lle prejunto).

Pois ben: veleí a única foto que existe distes dous tipos en acción.Foron creados nunha operación supersecreta de inxeniería xenética destinada a surtir de “especialistas” ó servicio secreto,moi necesitado por aquil entón.A foto foi tomada nun dos primeiros exercicios (unha especie de  “estado beta” no que se  asignan misións de risco pràticamente cero ,recoñecemento amijo/enemijo,etc)) a que foron sometidos.Bueno,a anécdota é que,cando os “creadores” se quixeron dar conta,saltaba á vista que eran unha copia tan exacta un do outro,que cantaba un juevo, polo que decidiron paralo projrama de momento.

Distes dóus nunca máis se soupo...

Xá no último dia que estuven alá,cando o seu Jusce me traía ó aeroporto,polo camiño atopamos esta curiosa escena.

         -EU:Oi seu, Cando hai fame non hai pan duro.

         -JUSCE: Víu,só precisa PAU duro.

                                             

                                                   :DD

Monday, July 07, 2014