Wednesday, July 24, 2013

Lucía y el seso


ENQUISA

¿Qué coida vostede que lle poido ter acontecido a esta moza pra se chegar a zambullir nesta ponzoña?:

a)Resbalón en ducha/bañeira co subsejinte TBR (Traumatismo de Bulbo Raquídeo).
b)Meninjítis Asiática jalopante (MAJ).
c)Aparecéuselle El Señor.
d)É unha infiltrada da S.J.A.E.

Ós primeiros quince votantes rejalámoslle unha semana de internamento na clínica do Dr López Ibex,pra ver de superalo TEPT (Trastorno de Estrés Post Traumático) causado pola inesperada visión desta muller en semellante entorno.Por certo,veleiquí a transcripción dun cortiño pero intenso documento sonoro do primeiro paciente relacionado con iste tema.

...pois sí,Doutor.Eu estaba tan ricamente,elí,no hospital,facendolle compañía a unha miña prima sejunda que está resien operada de Amorroide Pertinás Recalsitrante (APR) i a pobre non ten familia.A Enriqueta é moi afisionada a os projramas istes da telaínco i eu,por lle sejilo rollo e animala un pouco,alí estaba mirando semellante vomitivo.Todo marchaba sejún o previsto (que se o sarxento era jai, que se tal que se cual...),cando de repente,un flash ,un fojonazo terrible que me penetróu hasta o hipotálamo: no medio daquela cuadrilla de anerjúmenos...¡¡¡un primeirísimo plano DELA!!!...Eiquí o coitado empeza a hipar,a xemer e a farfullar incoherencias.Óese ruido de arrastrar sillas,voces alarmadas,en fín,a banda sonora típica da aplicación do Protocolo de Inmovilización Mecánica y Sedación del Individuo (PIMSI) e córtase a jravación.
Terrible.Patético.O caso é que se non artellamos unha estratexia efectiva pra previr/evitar/neutralizar iste tipo de ataques sorpresa, la salud mental de este país se va a la mierda,que diría Fernán Gómez.

apedeite: En descarjo de posibles acusacións de anacronismo/extemporaneidade/proc rastinación posteadora,teño que decir que por eiquí por onda nós, a dilixencia do correo solo pasa ós miércoles.
Jau.

Wednesday, July 10, 2013

Wednesday, July 03, 2013