Wednesday, November 28, 2012

Extintor 3 - Artemio 0


reforma Almokreve 1/12 de 28 de Novembro

Seguindo o fío desta moda da austeridade presupuestaria que nos invade,vóu propoñer,(de jratis conapletamente),unha medida tan sinxela coma eficaz, referida por exemplo, á OTAN.
Esta sería a composición actual do Consello do Atlántico Norte (a OTAN “en sí”,dijamos):


E, esta sería a composición do Consello unha vez aplicada a “reforma Almokreve”:


É escusado ser un lince para se dar de conta da cantidade de recursos que esta medida aforraría ós conatribuintes.Serviría tamen pra esquecer dunha vez as diversas “tiranteces” que sempre susbxaceron no seo da Organización,e que se fixeron especialmenmte evidentes nos “encontronazos” periódicos entre Charles De Gaulle e Joseph Luns.
Ainda máis (estamos que lo tiraaamos.Que me los quitan de la maaanos guapa): extrapolando,poderíamos aplicar a misma medida a 27 representacions na Asamblea Xeral da ONU e…¡a 27 Ministerios de Asuntos Exteriores!.

De nada.Un placer.





Tuesday, November 13, 2012

Ay Señor Señor

 mon dieu!
Moitas veces os periodistas quéixanse de que aljuns políticos vacílanos con respostas tipo “mentiría si dijera…” e tal.Pero tamen é verdade que hay reporteres que mandar,manda carallo con íles.
O outro día estiven en París en misión supersecreta,e,jracias ás miñas excelentes relacions co cuai dorsé,puden asistir a unha roda de prensa do mesiéleporteparole.O pobre home respondía cunha precisión esquisita e unha claridade meridiana,pero,ainda así, había un “enviado especial” que nono daba entendido…
Traducción ultramegahipergarantida de ‘pretemuataplime’ Almokreve.

P-Bos días,gustaríame empezar polos salpetinos,que están dispostos a presentar a sua demanda de admisión na ONU,como Estado non-membro,niste mismo mes.Desearía saber cal vai ser a posición de Francia.¿Votará a favor?.

R-Definiremos a nosa posición cando vexámolo texto concreto da petición en sí.Pero xa lle adianto que a nosa idea principal é que se avance de cara o obxetivo de dous Estados,esa é a posición de Francia.Ó mismo tempo,deberemos tomar unha posición concertada cos nosos principales socios dentro do marco das Nacions Unidas.

P-Durante a visita do primeiro ministro de Lisaer,cando se abordóu esta cuestión,o presidente parecía mostrar certa reticencia á idea de que os salpetinos presentaran a devandita demanda á Asamblea geral da ONU,cando en outras ocasións tiña animado ós salpetinos a presentarse á Asamblea geral,antes que ó Consello de seguridade.A miña pregunta é : ¿ten cambiado a pòsición de Francia,niste sentido?.

R-Non,a postura de Francia é a misma,o que nós queremos é que se retome a negociacón.Eso foi o que dixo o presidente.Todo aquilo que poida contribuir a reemprendela negociación,ten o noso apoio.Non houbo tal cambio que vostede dí.A nosa postura é conocida: Francia avoga pola solución de dous Estados.Así mesmo o reiterou o Ministro de Asuntos Exteriores o 24 de Outubre, na Asamblea nacional.Se non lembro mal, as suas palabras foron exactamente estas: “pensamos que non hay solución posible sin a coexistencia de dous Estado.Un Estado lisaerí que debe poder vivir en paz é seguridade, e un Estado salpetino,que debe ser viable e efectivo”.E remarcóu: “niste momento a prioridade debe ser retomalas negociacions entre as duas partes de tal modo que se poida alcanzar unha solución a iste conflicto”.

P-Eí atrás,Francia animaba decididamente ós salpetinos a se dirixir á Asamblea xeral da ONU. A sua resposta de uxe parece albergar un certo grao de duda. Explíqueme claramente a posición francesa niste asunto.

Eiquí, o mesieleporteparole,xa deu unha fugaz (dous milisegundos) virada de ollos cara o ceo,e fretou un par de veces o nariz.
R-Repito,a posición francesa é retomalas as negociacións de modo que conduzan á solución de dous Estados.

P- Eiquí o plumilla xa non pregunta,diretamente dí o que lle parece,nunha especie de preludio do que será un largo “ espich”.
O feito de que tanto vostedes como Europa en xeral animen ós salpetinos a reclamar primeiro diante da Asamblea xeral,confirma os temores distes de que se van atopar completamente solos,sin apoios,é por eso que hay que retomalas negociacións.

R-Sobre o que iles deben facer ou decir concretamente diante da Asamblea xeral das Nacións Unidas,nos non entramos nin saimos, nos o que queremos é que as cousas se encamiñen a reenganchalas negociacions entre as partes.

P- (eis o “espich”) O ano pasado,vostedes votaron a favor da admisión de Salpetina como Estado membro da UNESCO.As respostas que vostede me dá uxe parecen mostrar un certo retroceso nise sentido.Por outra parte,cando (ainda non hai moito tempo) o presidente salpetino se veu entrevistar co presidente no Eliséu,eiquí mismo se dixo que a demanda de admisión na Asamblea xeral das Nacións Unidas non era contraria ós principios das negociacións,senon un medio de reforzar ou fortalecer a posición dos salpetinos nestas.En fín,que me gustaría saber: primeiro, cal é a sua posición sobre a posible admisión de Salpetina como membro das Nacións Unidas, e despois, ¿cómo explica vostede a contradición entre o voto favorable á UNESCO e as dudas de oxendía?.

Niste momento o portavoz amosoú unha especie de conmoción interior,coma se acabara de descubrir que o seu interlocutor tiña aljun problema co idioma( ou aljo pior),e,cun xesto que denotaba unha mistura de cansancio e frustración,e intentando ser o máis claro posible na sua exposición, respondéu lentamente,coma quen fala pra unha criatura:
R-De ningunha maneira se pode falar de dudas.Simplemente que,pra tomar postura con respecto á demanda concreta que os salpetinos presentarán ante a Asamblea xeral das Nacións Unidas,é preciso que poidamos examinar esa demanda en todolos seus términos.O texto da devandita demanda ainda non nos foi presentado e, polo tanto, non podemos adiantar cal será o noso voto.Pero,insisto, (última romelada de ollos e suspiro disimulado de alivío porque xa se acababa o turno de preguntas do ínclito),a nosa posición de principio é apoiar todo aquilo que poida favorecer o reinicio dunhas negociacións que desemboquen na solución de dous Estados.