Tuesday, October 26, 2010

sexo seguro













(clicar na imaxe pra ver millor)

Thursday, October 14, 2010

Doble sentido


Eí vai unha aportación desinteresada pra algun socio-antropo-etnógrafo, referida á proverbial tendencia dos galegos ás frases de doble sentido.
Pois ben,iste tipo de expresións,podemos decir que,eu,padecinas diretamente.Resulta que tiña eu un veciño,xa mozo feito (eí polos vinte e pico),que era o que se dí un traste.Eu era un rapaciño moi inocente (ainda o son) e il usábame pra se escarallar a rir.Na escola dábannos ó tempo famoso leite de polvos aquil,que a mín sabíame a raios.Un dia comentéillo ó Antonio (que así se chamaba o lambón) e díxome:-Tú,o que tes que faer é,cando a maestra che vaia encher o cazo co cucharón,tú tapas educadamente o cazo co a mau e díslle: 'señorita, a mín, o leite que mo tiren de diante',xa verás como te dispensa de tomá-lo.
Noutra ocasión,na festa do pobo,iba eu todo contento cunha bolsa de caramelos que acababa de mercar,e atópome co antonio.
-Hola bonito, ¿dasme un caramelo?
-bueno,pero só un, que solo teño istes e costaronme unha peseta.
-¿Onda quen?
-Onda a señora Adelina.
-pois a señora josefa da moitos mais por ise diñeiro.Vai onda ela e dílle: Señra Josefa,
¿é verdade que Vostede mete catorce caramelos na peseta?.

Outro día, que estaban a malla-la herba, faía un calor que metía medo e éu andaba por elí enredando e eu tiña unha sede nejra. O Antonio prejuntóume se quería beber e ,claro,eu díxenlle que sí.
-Pois mira,ven eí a rosiña, da fonte.Tú pra que che día de beber teslle que decir: '¡qué rosiña,lévala fresca!,e xa verás como che dá do caneco.

En fín,doutra vez díxome o Antonio se lle faía o favor de irlle buscar uns guevos onda o señor Enrique (vendía ovos).Díxome: - mira, o señor Enrique eche medio xordo,pra que oia teslle que berrar desde o camiño :¡¡oíu señor Enrique,se ten guevos saia pra fora!
O caso é que de vez en cando a min breábanme,por culpa do desgraciado do Antonio.