Wednesday, December 19, 2012

O liquidador.Autobiografía do artista


A Primeira vez que roubéi tiña dez anos.Foi aquil un traballo precoz,impulsivo,cheo de enerxía pero un tanto desfiañado.A vítima foi o méu primo,que ,como o pái era zapateiro,dispuña dunha paja semanal bastante conasiderable.Non tuven outra opción,pra podelo aliviar da sua carja monetaria,ca darlle diretamente un viaxe nos morros e vaciarlle os bolsos.O resultado mais tanxible dise meu primeiro esforzo artístico foi un naris roto i a tolena que porriba lle deu o pai ( –por parvo-,séica lle dixo).Aquela obra tuvo realmente pouca trascendencia.A xente tratóu o asunto coma unha simple liorta de rapaces.
Ainda que aquela experiencia me proporcionóu polo enton aljo de placer e incluso un certo sentimento de realización e plenitude,uxendia jardo apenas unha especie de cariño nostálxico por aquil primeiro traballo tan irreflexivo e,desde logo, desprovisto do máis mínimo lojro estético. Iste primeiro atraco nin xiquera o considero como parte digna da miña época xuvenil, e se o nombro eiquí, é máis que nada por puro gusto do rijor histórico.Un análisis máis crítico e perspicaz diste asalto ó Manoliño (era primo duas veces,coitado),revelaría que amosa as mismas aberrantes características có traballo de calquera dises ignorantes “ asalta vellas” , que abarrotan os cárceres e as páxinas de sucesos dos periódicos cos seus despreciables esforzos: a impulsividade,e tamén a falta de plantexamento ou diálogo estético entre o autor,a obra, e mailo obxeto do atraco.
Hasta os 17 anos mais ou menos,funme dedicando a diversos esperimentos técnicos,sempre en casas da familia,amigos, e viciños.Esa época non é alá moi digna de lembrar;eran simples ensaios a modo de “auto-instrucción”.Sin embargo,foi unha fase importante pra me dar conta de que,a mera imitación do fenómeno natural do acto predatorio como proposta estética, constituía un obxetivo retrógrado, incluso limitado.A ruina da miña tia,por exemplo,se ben obtida a través de métodos aljo mais complexos (talmente déu a impresión de que fora ela misma a responsable de levar as suas contas a cero) ,foi a miña última creación nesa línea de traballo.O desafío persoal que supuxo lograr sair indemne unha vez máis foi interesante e satisfactorio pero, traducíase nunha falta de impacto no espectador, non transmitia o esforzo intelectual e estético do artista.Esto indicaba unha fractura no diálogo entre artista e público que á larja podería resultar frustante, sabendo como sabemos,ademáis,que desde as vanjuardias europeas do inicio do XX,máis ca imitar a naturaleza,o obxetivo do arte é cuestionala e suscitar unha reflesión sobre aquello que vivimos e sentimos.A pesares de que polo daquela istes conceptos ainda non estaban moi elaborados no meu intelecto,a noite que “sirléi” e lle mandéi un facazo de recordo (sin necesidá) a aquil avojado no centro,eu xa sabía que o faía por un desexo de lle provocar unha reacción, aljo que lle inducise unha consciencia da sua propia debilidade e o fixese dudar da ilusoria sensación de seguridade que envolve ó urbanita “pijo” conatemporáneo.
Istes “sub” ou “infra” roubos,pecaban ademáis dunha certa obviedade, dunha falta de discurso elaborado que se alimentase de significados máis amplios.
De modo que,un pouco máis avanzado en edade,funme afastando do diletantismo dos primeiros anos e decidin dedicarme seriamente a estudiar ós clásicos.Foi por esa época cando se agudizóu a miña xa existente admiración por Carlo Ponzi ,indiscutible icono da nosa arte como pode ser Cervantes prá literatura ou Bach prá música.Canto máis profundizaba nos seus métodos,máis me fascinaba a sua capacidade de levar a cabo traballos que,ainda uxe,capturan tan vivamente a imaxinación da humanidade.Na obra de M.C,por exemplo,é admirable como,fuxindo da mimetización, concentra a atención do espectador no traballo do artista.Asimismo o carácter social do obxetivo da obra i a simboloxía constructiva,revelan un auténtico xenio na cima do seu talento creativo.E todo eso na época en que ainda R.R non daba xiquera as súas primeiras pinceladas.
Ainda que teña estudiado con atención outros autores e admirado o estilo revolucionario de Cassie Chadwick, o énfase teatral de bersculone etc,nada superóu nunca a miña admiración polo maestro Meidoff,da corriente americana do Newkrapulism.
Despois de anos de esperimentos estéticos e tentativas de atopar un estilo propio estudiando as técnicas dos grandes,o meu traballo empezóu por fin a ser considerado polo gran público.Desfalquéi,timéi,quebréi,defraudéi…pero moitos dises esforzos (que variaban moito en calidade e técnica),acabaron sendo descorazonadoramente atribuidos a diversos autores descoñecidos,a causa da, (para min), evidente falta dun estilo persoal remarcado.
Optéi enton por me reafirmar,e paséi a autotitularme coma o liquidador.Foi unha decisión conceptual pra me apartar definitivamente de prácticas que poideran ser tachadas de comuns ou incluso consideradas fruto da casualidade.Daquela empecéi a crer firmemente que a obra de arte debe expor á sua audiencia o seu carácter de representación da realidade,e non permitir a catarsis que anularía unha postura crítica.E non se me poido ocurrir toque máis vanguardista ca escoller coma víctima a un colega e, ainda porriba,de calidade indiscutible.O Michelangelo do desfalco: JMRM O que me animóu a elo non foi solo a ambición de faer aljo jrande e diferente (escalabrar ó maior escalabrador),senon tamén un certo ánimo de contestación social,ou tal vez sería (como apuntan aljuns dos máis sagaces estudosos do meu traballo),un posible trazo típico da miña obra,visto que a escomencéi aporreando a un familiar propio.Admitindo que peco de orgullo,é forzoso recoñecer que durante a miña etapa como o liquidador,producin moito traballo de calidá, de gran pericia técnica e valor estético.
A atención constante dos periódicos e da crítica especializada,alagábame,pero ó mismo tempo intuía que había ser a causa da miña decadencia.E así foi.Botáronme a uña.Ou “colocáronme”,como din no foro (en Madrí.Xa se me está pejando o arjot do meco).
E que conste que non me arrepinto,dado que, a esposición contínua nos media nos últimos tempos reavivóu significativamente un interés crítico na miña obra.Obtiven un jran reconocimento internacional e incluso hay quen me postula candidato ó Nobel do pufo,cousa que me envanece e ajradezo,pero considero que deberá ser o tempo o que decida se son merecedor de tan noble (valja a redundancia) distinción.
Jústame pensar que,máis ca un aunténtico innovador,fun un jran revisionista,aportando novos ángulos é contextos,revitalizando a forma de fraude coma un todo.
En fin,todo acaba.Pero non me rindo.Ainda que sexa eiquí,detrás dos barrotes e completamente privado das ferramentas máis básicas,intento facer unha cousiña que outra.Eso sí,partindo de perspectivas máis simples --Al loro,colega.vóuche conceder a oportunidade única de ter unha participación vital no proceso artístico. -

-Esto que parece un cepillo dos dentes é un pincho ¡trai pracá o móvil,pringao!!.

Para de chorar dunha cona dunha vez.

E non sobreactúes,que me escarallas o plano.

Pois sí home sí.Nesta era da internet e de inxenierias financieras varias,o traballo individual e intimista do profesional debe ser preservado a calquera precio.















Wednesday, December 12, 2012

polo menos saimos no mapa

¿Terán aljo que ver os colgarexos do Doutor Jorge Mira?.

Wednesday, December 05, 2012