Wednesday, March 20, 2013

Mar proceloso

Como é ben sabido,eu viaxo moito á Corea (do sur).Últimamente aljo máis a menudo ca de costumbre.Ainda pouco tempo había que estuveramos alá co jallo de intentar sabotealo “experimento” do Quim Un Kollon (que por certo,saíunos “rejular”),cando tivemos que voltar a semana pasada pra supervisar un tramo dunha ruta de suministro de armas a *****.Bueno pois,o día antes de vir de volta,lendo o Hankooki Daily,atópome cunha noticia,(un pequeno parágrafo aló nunha esquina da páxina),que dí (tradución directa do Coreano do Almokreve,pra quen é,xunto con outros sete idiomas, unha fala habitual):

Corea do Norte: tres “delfins Soldado” desertan
Tres jrandes delfins ó servicio (sic) da marina norcoreana,déronse á fuja no mes de Febreiro , durante unhas maniobras preto de Baengnyeon-do.O oficial da sección de loita submarina antisubversiva,Pak Thae-Rim,declaróu que posiblemente foran inducidos a abandonalo seu posto por unha femia salvaxe da sua especie que se atopara en celo.
Pois ben,coma sempre,o xornal non minte,pero non dí toda a verdá.Casualmente acabábanme de contar a min o conto tal e como fora en realidade.A verdá é que dalí a poucos minutos de que o GPS dos reclutas empezara a emitir sináis erráticas e totalmente atípicas,saíu en precura deles unha orca asesina de panza blanca (un eficacísimo oficial con máis de dez anos de servicio na zona) que os acorralóu en menos de duas horas.E a tal delfina non era unha femia salvaxe,non: era nin máis nin menos ca Delfinata Jari, a millor axente do servicio surcoreano de loita submarina (SKSCS).O asunto é que os desertores xa foron condenados a 30 anos de acrobacias nun parque acuático.No que se refire á laberca da Delfinata,estan en tratos pra intercambiala por un rodaballo e dúas merluzas que xa levan presos en Seúl desde o ano 2005.
Esí que xa ves...