Wednesday, January 07, 2009

seis de cada dez estadísticos fan media dúcia (2)


...Enton,muy ufanos íles,diríxense ó Organismo Sanitario:
"Establecemos por cuantil o 0'1 da poboación que rexistra a TA mais baixa trala toma,ó que denominaremos "B".Dado que non podemos saber que tipo de pacientes está comprendido en "B", diremos que B--->cuantil incógnita.Partindo de que as opcións son independientes,os nosos cálculos dan que hay unha probabilidade esremadamente alta (0'999955) de que polo menos un dos meus cobaias forme parte de B.É dicir,se collémola TA mais baixa das 10.000 rexistradas,temos o 0'999955 de probabilidá de que 0 999/1000 damostra terá unha TA superior a aquela,e,dado que pra miña mostra o rexistro mais baixo resulta aceptable,conacluimos que o é tamen pro 999/1000 da poboación.Observen vds. que os resultados do noso estudio sobrepasan a suas esixencias.Pedíannos un 95% e ofrecemos un 999/1000 cunha probabilidade do 0'999955".
Hai que dicir que incluso houbo algún membro do equipo que recomendara a utilización do método RUMBERO (de "ó rumbo"),que permite estraer conclusions a partires de mostras moi pequenas traballando con grupos aleatorios.O método Rumbero representaba daquela o non vai mais en estadística,pero como a mostra de 10000 considerábase suficientemente representativa,decidiron descartar esta opción vanguardista.
Abraiada coa evidente seriedade dos razonamentos,coa amplitude da mostra, e coa calidade do traballo en xeral ,L'Utoridá otorgao permiso de comercialización. En fín, os directivos premiaron ós esradísticos cunha gran pulpada no Carballiño,e, pola contra,despediron ó equipo de biólogos.Despois de todo, ¿qué preciso había de gastar recursos en tentar comprendelo mecanismo de actuación de medicamento,se abondaba con facer unhas cuantas estrapolacións?.
A partires daquí sucédense unha serie de avatares que culminarían no punto en que,arruinado por demandas millonarias,acosado por ONG's,vituperado en todolos continentes e abandonado a sua sorte pola adeministración,o prestixioso laboratorio desaparece no tenebroso mar da vergoña, onde repóusan (ou deberían) tamén os pecios de anteriorres fabricantes de productos fatales pra humanidade.