Monday, June 22, 2015

Polo camiño da tia Enriqueta



Esta semana pasada, a pobre Enriqueta sufríu unha recaída “de lo suyo” e tuvo que estar uns dias injresada no hospital.Coma sempre que podo, funlle faser compañía unha tarde que outra.Acompañar á tía Enriqueta  consiste básicamente en ver na televisión ó Gorgue Gavier (Jorge Javier) e comentar a xogada.Mentres lle sejía a conversa ,admirábame de como aquela xente (os conatertulios do...Sálvame,creo que era) eran capaces de botar duas horas ou máis discutindo sobre unha chorrada como pode ser o color das brajas da Carmele  ou o virjo da Letisia Sabater .

Certa tarde particularmente plomiza e cansina co tema das amorroides do kiko, tiven unha sensación de deja-vu,de que xa me tiña atopado noutra situación en que me asombraba a capacidade de estenderse infinitamente arredor dun tema que se pode despachar en tres frases.

                                                   Pois hete aquí.

Nun momento dado,a Enriqueta empezóu a tosquexar (dar cabezadas,amodorrarse),i eu aproveitéi pra botar mau dun libro que había ano e medio que empezara a ler (o que vuljarmente se chama un librus interruptus) e que trouxera conmijo por se precisamente caía esa breva.Pois ben:o marcador estaba situado pola  mitade (máis ou menos) das trinta páxinas que Marcel Proust  adica no Camiño de Swan a describir con que uña se rasca cada juevo antes de se botar a durmir....
Os camiños do Señor  son inescrutables,está claro.