Wednesday, December 14, 2011

Zen por cento



Istes últimos anos acostumbro a ir pasar a ponte da Constitución aló polo Japón,máis que nada por refrescalo idioma.Desta vez ,jracias a un vello conocido do lujar,poiden pasar un dia inteiro nun monasterio budista.
A unha certa hora do día, adoitan os monxes a reunirse para escoitalo sermón do Maestro.Pois ben,o día que estuven eu ,no preciso momento en que o Maestro iba comenzala “homilía”,empezóu a cantar un paxaro aló fora dos muros do templo (para min que era un merlo);o Maestro calóu (e todos nós,por suposto).Cando paróu de cantalo merlo,o “predicador” dixo : -o sermón acabóu-,e, coa misma, marchóuse.
Se non é verdá que calquera día distes me deite cunha rubia,mira…